

O viaxeiro astral
Desde as súas primeiras obras, Jack London (San Francisco, 1876-Glen Ellen, California, 1916) foi un dos escritores máis populares dos Estados Unidos, sona que logo se había estender a todo o mundo co éxito da súa novela A chamada da selva. No ano 1915, ao final da súa vida, publica O viaxeiro astral, novela na que se describe a brutalidade do confinamento carcerario. Darrell Standing, o protagonista, descobre a imaxinación como único xeito de aturar as torturas ás que son sometidos os presos. O pensamento fantástico convértese dese xeito no vehículo idóneo para denunciar a hipocrisía e as desigualdades sociais cunha prosa narrativa que amosa toda a forza estilística de London xunto á súa gran capacidade para fabular o mundo. Publicada un ano antes da súa morte, é unha das máis grandes e emblemáticas novelas de Jack London.
Número de páginas: 340
Editorial: GALAXIA
Idioma: GLG
Autor: London, Jack
EAN: 9788498650471
Código interno: 35801
Estamos plenamente orientados a la satisfacción de nuestros clientes. Si por cualquier motivo no tienes una experiencia positiva, nos lo dices y buscamos una solución. A diferencia de nuestros políticos, nosotros sí nos hacemos responsables.
Gastos de envío gratuitos en pedidos superiores a 29€.
Pídelo ya y recíbelo en 48 horas
En librería Matrix defendemos la libertad de expresión y de pensamiento como elementos fundamentales para la existencia de una sociedad libre y justa. Por desgracia, son muchos los que confunden esta libertad de expresión con la falta de educación… A estos cabría recordarles lo que le dijo el tío Ben a Peter Parker (Spider Man):“Un gran poder, conlleva una gran responsabilidad”.







