

Diario de comidas
Ao longo do recorrer de todo un ano, o autor centra as súas vivencias nos momentos pasados arredor da mesa. Un libro para gozar das comidas e para as gorentar, tamén como materia literaria. A historia dos alimentos, os seus sabores e as súas texturas, as casas de comidas, a lembranza de lecturas e receitas, configuran un libro no que os pracer es e os días se vencellan ao cotián acto da alimentación.Xavier Rodríguez Baixeras arrinca este diario en Estambul para o rematar nunha viaxe de Nadal a Florencia, o tempo que queda entre estas dúas datas configura un percorrido dun ano polas súas experiencias como amador da comida, nun relato no que a literatura e a cociña van da man, inseparablemente unidas. Moreas de curiosidades arredor da arte culinaria, da súa histoira, dos restaurantes e casas de comidas que visita o escritor, das lembranzas que lle suxire este ou aqueloutro manxar fan do 'Diario de comidas' un libro cunha grande variedade de temas tratados con narturalidade, sabedoría e unha grande capacidade para contaxiar o entusiasmo pola cociña. Baixeras escribe para volver gozar das comidas e, ao falar delas, estende ese pracer ao mundo da literatura, contáxiallo aos lectores e lectoras a través dun relato cheo de interese que é moito máis que un diario gastronómico. Un libro que une inextricablemente a arte culinaria coa arte de contar.
Número de páginas: 1
Año de edición: 2004.0
Editorial: GALAXIA
Idioma: GLG
Autor: Rodríguez Baixeras, Xavier
EAN: 9788482887685
Estamos plenamente orientados a la satisfacción de nuestros clientes. Si por cualquier motivo no tienes una experiencia positiva, nos lo dices y buscamos una solución. A diferencia de nuestros políticos, nosotros sí nos hacemos responsables.
Gastos de envío gratuitos en pedidos superiores a 29€.
Pídelo ya y recíbelo en 48 horas
En librería Matrix defendemos la libertad de expresión y de pensamiento como elementos fundamentales para la existencia de una sociedad libre y justa. Por desgracia, son muchos los que confunden esta libertad de expresión con la falta de educación… A estos cabría recordarles lo que le dijo el tío Ben a Peter Parker (Spider Man):“Un gran poder, conlleva una gran responsabilidad”.







