
A EDUCACIÓN: DEREITO OU MERCADURÍA?
Asistimos, aínda con incredulidade, a un proceso de desmantelamento do servizo público de educación a través dunha acción política que combina a aplicación de medidas de restrición económica con propostas normativas de carácter contrarreformista. Aqueles \"axustes\" aparentemente coxunturais revélanse omo elementos primarios dunha mudanza estrutural no ámbito da educación, que pon en perigo os dereitos e as aspiracións da cidadanía nun horizonte de maior xustiza social. Cómpre, xa que logo, poñerse mans á obra e saír ao paso con datos e argumentos que cuestionen as accións e o discurso dominante, mesmo coa intencionalidade de promovermos unha aposta non só defensiva, ao pairo do que vén -ou da que está caendo- senón co propósito de formularmos elementos diverxentes e alternativos, nunha liña propositiva e aberta ao debate educativo e social. Na balbordo das reaccións que as políticas neocon suscitan na cidadanía e inmersos na caótica tramitación dunha nova reforma educativa da envergadura da LOMCE, á que previsiblemente seguirán anunciadas mudanzas no ámbito universitario e no conxunto do sistema, as distintas achegas que conforman este libro pretenden poñer o foco naqueles elementos que constitúen agora mesmo o albo da acción contrarreformista. Trátase dunha obra colectiva que pretende axudar a manter activo o debate e a mobilización cidadá a prol da conquista democrática que representa a educación pública.
Número de páginas: 179
Año de edición: 2015.0
Editorial: LAIOVENTO (IBD)
Idioma: GLG
Autor: Mariló Candedo Gunturiz (Coord.)
EAN: 9788484872788
Código interno: 353238
Estamos plenamente orientados a la satisfacción de nuestros clientes. Si por cualquier motivo no tienes una experiencia positiva, nos lo dices y buscamos una solución. A diferencia de nuestros políticos, nosotros sí nos hacemos responsables.
Gastos de envío gratuitos en pedidos superiores a 29€.
Pídelo ya y recíbelo en 48 horas
En librería Matrix defendemos la libertad de expresión y de pensamiento como elementos fundamentales para la existencia de una sociedad libre y justa. Por desgracia, son muchos los que confunden esta libertad de expresión con la falta de educación… A estos cabría recordarles lo que le dijo el tío Ben a Peter Parker (Spider Man):“Un gran poder, conlleva una gran responsabilidad”.
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
