Intramundi

€23,50

O pobo de Tras da Corda emerxe en menos de cincuenta anos dende a Idade media ata o século XX, entre as tensións da República, a brutalidade da Guerra Civil e a represión da dictadura. Anxo Xesto vislumbrou a miragre en 1928, cando concebiu unha estrada que puxera remate a tanto illamento e atraso. Unha idea que non sería doado pór en marcha. Tiña na súa contra ao poderoso cacique don Nazario, que non admitía cambio ningún nos seus dominios, e ao mozo comunista Aníbal Coronas, teimudo con facer a revolución. Só Dolores Teixeiro e outros veciños compartían o soño de Anxo Xesto. O enfrontamento entre todos estes pesonaxes e as súas concepcións do mundo constitúe o eixo argumental de Intramundi, a nova novela de Carlos G. Reigosa, un fermoso mosaico de voces, ambicións e sentimentos. Carlos G. Reigosa desvela así unha parte do noso pasado, agochado nos pregues montañosos de Tras da Corda de irresistible atractivo pola cantidade dos seus tesouros.Para Alfredo Bryce Echenique: "Intramundi é sen dúbida a novela de Carlos González Reigosa en que máis profundidade alcanza a gran habilidade deste autor para trasladarnos constantemente máis aló dos feitos e palabras dos que é responsable un personaxe ó longo de toda a súa vida. Chámense Anxo Xesto, o pragmático;Saúl Centeo, o idealista;Dolores Teixeiro, a sensual e paciente amante;Xosé Trabada, o eterno cura, ou Don Nazario, o poderoso cacique, os habitantes de Tras da Corda percorren durante catro décadas da España republicana e franquista o desacougante camiño que os leva da luz ás tebras, da convicción á dúbida e da lóxica ó desatino. Contradictorios, incoherentes, poboados por todos os seres que poden habitar nun mesmo ser, entrelazados fatalmente nas múltiples historias que compoñen esta novela, os personaxes de Intramundi pertencen á saga dos grandes nomes da novela clásica, aqueles que o lector seguirá sempre con profunda inquietude desde o nacemento ata a desembocadura do río das súas vidas. E das nosas"

Número de páginas: 312

Año de edición: 2002.0

Editorial: XERAIS

Idioma: GLG

Autor: Reigosa, Carlos G.

EAN: 9788483029220

Estamos plenamente orientados a la satisfacción de nuestros clientes. Si por cualquier motivo no tienes una experiencia positiva, nos lo dices y buscamos una solución. A diferencia de nuestros políticos, nosotros sí nos hacemos responsables.

Gastos de envío gratuitos en pedidos superiores a 29€.

Pídelo ya y recíbelo en 48 horas

En librería Matrix defendemos la libertad de expresión y de pensamiento como elementos fundamentales para la existencia de una sociedad libre y justa. Por desgracia, son muchos los que confunden esta libertad de expresión con la falta de educación… A estos cabría recordarles lo que le dijo el tío Ben a Peter Parker (Spider Man):“Un gran poder, conlleva una gran responsabilidad”.

Card Slider with Swiper
★★★★★
Buena atención al cliente, sin respuestas programadas ni tonterías inclusivas. Así da gusto comprar.
Marcos G Verified Verified
★★★★★
Me encanta poder comprar en una tienda donde tratan de luchar contra la propaganda globalista.
Edu Verified Verified
★★★★★
Envío rápido y trato directo. Muy recomendable.
Eva L Verified Verified
El proceso de compra es sencillo y la entrega bastante rápida.
Nando Verified Verified
★★★★★
Todo perfecto, aunque estaría bien más opciones de pago. Aun así, repetiré sin dudar
Juan P Verified Verified
★★★★★
El servicio postventa es estupendo. Tuve un problema con un envío y lo resolvieron sobre la marcha.
Marta Verified Verified
Son los mismos libros que en cualquier otra tienda, pero aquí ven el mundo como yo, y eso me gusta.
Aida Verified Verified
No es solo una tienda, es un refugio para los que estamos hartos del pensamiento único.
Andrea Verified Verified