
As artes da vida de Ánxel Huete
Máis que unha biografía de perfil canónico, "As artes da vida de Ánxel Huete" quere ser un retrato dinámico, acaso unha sucesión de retratos fiados en fita narrativa e organizada en secuencias temáticas: estudos, viaxes, experiencia política, activismo cultural, amor e amizade, labor pedagóxico, traballo creativo.O discurso textual foi trazado con instrumentos de perspectiva múltiple: a voz do narrador implicado, integrado en grande medida no ámbito que ocupa o protagonista;a do personaxe retratado, Ánxel en primeira persoa e declaración directa ou recollida de diversas publicacións;a das citas extraídas de catálogos e libros e da súa tese doctoral inédita;e, finalmente, a voz coral dun feixe de amigos e amigas dos que solicitei un testemuño, unha semblanza.Ademais de ir trazando un percorrido ao longo da historia do oficio de artista de Ánxel Huete, estas páxinas pretenden ofrecer a imaxe das súas artes de vivir, cultivadas con intensa vontade de construción persoal e de colaboración en labores de edificación colectiva. O narrador, situado nun espazo de proximidade ao habitat vivencial, creativo e intelectual do protagonista, configúrase maiormente como figura de amizade. Este libro pretende achegar a imaxe biográfica do home e do artista, pero tamén a dos afectos que me ligan a el. Mais no substrato da súa intención non latexa o pulo da vontade encomiástica, laudatoria ou axiolóxica, senón só a manifestación natural da simpatía e atracción que a vida e a obra de Huete me producen.
Número de páginas: 142
Año de edición: 2017.0
Editorial: LAIOVENTO (IBD)
Idioma: GLG
Autor: Álvarez Cáccamo, Xosé Mar¡a
EAN: 9788484873525
Código interno: 532781
Estamos plenamente orientados a la satisfacción de nuestros clientes. Si por cualquier motivo no tienes una experiencia positiva, nos lo dices y buscamos una solución. A diferencia de nuestros políticos, nosotros sí nos hacemos responsables.
Gastos de envío gratuitos en pedidos superiores a 29€.
Pídelo ya y recíbelo en 48 horas
En librería Matrix defendemos la libertad de expresión y de pensamiento como elementos fundamentales para la existencia de una sociedad libre y justa. Por desgracia, son muchos los que confunden esta libertad de expresión con la falta de educación… A estos cabría recordarles lo que le dijo el tío Ben a Peter Parker (Spider Man):“Un gran poder, conlleva una gran responsabilidad”.
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
