

Fortunato de Trasmundi
Fortunato de Trasmundi é a historia dun curioso personaxe dun fantástico país, o paraíso secreto das Sete parroquias, que sae a percorrer o mundo pola Galicia toda e, aquí e acolá, coñece tipos, historias e situacións que permiten ó autor a caricatura de todos nós, figuración e parodia do tempo e da sociedade que vivimos. O primeiro de maio en Vigo, un lingüista sabio en Compostela, a unidade sindical, as liortas do futbol, a economía sumerxida na confección, a memoria dos devanceiros, o alcalde de Lugo, cregos, xornalistas, estudiantes, pescadores nas Malvinas, corvos mensaxeiros e algunha meiga veñen e van por estas páxinas cun ritmo trepidante e a imaxinación desbocada. Os antigos príncipes ou señores da cabalería saían ós camiños a ver mundo e a iniciarse na vida. Así fai tamén Fortunato, que deixa o seu Cuspedriños secreto e anda o país identificando ós seus, habitantes misteriosos dun pobo misterioso. Velaquí unha historia fundamentalmente divertida, un divertimento que confirma no xénero da novela a quen todos recoñecen como un dos nosos primeiros poetas.
Número de páginas: 240
Año de edición: 2006.0
Editorial: XERAIS
Idioma: GLG
Autor: Cabana, Darío Xohán
EAN: 9788497824385
Estamos plenamente orientados a la satisfacción de nuestros clientes. Si por cualquier motivo no tienes una experiencia positiva, nos lo dices y buscamos una solución. A diferencia de nuestros políticos, nosotros sí nos hacemos responsables.
Gastos de envío gratuitos en pedidos superiores a 29€.
Pídelo ya y recíbelo en 48 horas
En librería Matrix defendemos la libertad de expresión y de pensamiento como elementos fundamentales para la existencia de una sociedad libre y justa. Por desgracia, son muchos los que confunden esta libertad de expresión con la falta de educación… A estos cabría recordarles lo que le dijo el tío Ben a Peter Parker (Spider Man):“Un gran poder, conlleva una gran responsabilidad”.







