

A SAÚDE COMO NEGOCIO. Informe urxente sobre a sanidade púb
As medidas adoptadas nos primeiros tres anos de goberno do PP en Galiza (redución dos orzamentos sanitarios, recorte das prestacións, restricións no acceso aos servizos, limitación dos recursos destinados a investigación e formación profesional...) están enmarcadas nunha corrente ultraliberal e motivadas pola mesma estratexia: a precarización dos servizos sanitarios públicos e a definición de espazos de negocio (a construción e xestión dos centros sanitarios, o control da tecnoloxía sanitaria, etc.) que permitan a grupos empresariais afíns apropiarse dunha parte importante dos orzamentos públicos. Neste libro presentamos un conxunto de textos de carácter divulgativo, dirixidos a un público non profesional, coa pretensión de describir e analizar as decisións políticas levadas a cabo polo PP no terreo sanitario desde que, no ano 2009, ocupou o poder na Xunta de Galicia. Trátase dunha achega seria, documentada e rigorosa, mais non imparcial;pretendemos achegar argumentos e análises que sexan útiles -aos cidadáns e ás organizacións políticas, sindicais e profesionais- para comprender as estratexias postas en marcha desde a Xunta de Galicia no terreo sanitario e o grave risco que representan para o futuro inmediato da sanidade pública. Este libro poderá ser útil, tamén, ás plataformas para a defensa da sanidade pública que, nos últimos tempos, están traballando en toda a xeografía galega para evitar o desmantelamento dos servizos públicos, elementos clave do estado do benestar.
Número de páginas: 135
Año de edición: 2015.0
Editorial: LAIOVENTO (IBD)
Idioma: GLG
Autor: Pablo Vaamonde Garc¡a (Coord.)
EAN: 9788484872795
Código interno: 353241
Estamos plenamente orientados a la satisfacción de nuestros clientes. Si por cualquier motivo no tienes una experiencia positiva, nos lo dices y buscamos una solución. A diferencia de nuestros políticos, nosotros sí nos hacemos responsables.
Gastos de envío gratuitos en pedidos superiores a 29€.
Pídelo ya y recíbelo en 48 horas
En librería Matrix defendemos la libertad de expresión y de pensamiento como elementos fundamentales para la existencia de una sociedad libre y justa. Por desgracia, son muchos los que confunden esta libertad de expresión con la falta de educación… A estos cabría recordarles lo que le dijo el tío Ben a Peter Parker (Spider Man):“Un gran poder, conlleva una gran responsabilidad”.







